Adrian Belew
(2006) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 23 de decembro de 1949 (74 anos) Covington, Estados Unidos de América (pt) |
Actividade | |
Ocupación | guitarrista, compositor de cancións, produtor musical, compositor, cantante, violoncellista |
Período de actividade | 1977 - |
Xénero artístico | Música rock |
Instrumento | Guitarra e voz |
Selo discográfico | Island Records Caroline Records Atlantic Records Discipline Global Mobile (pt) |
Descrito pola fonte | Obálky knih, |
Páxina web | adrianbelew.net |
Robert Steven Belew, nado o 23 de decembro de 1949 en Covington, Kentucky, é un cantante, compositor, multi-instrumentista e produtor musical estadounidense. É sobre todo coñecido polo seu traballo na banda de rock progresivo King Crimson (que lidera dende 1981) e polo seu infrecuente enfoque impresionista de tocar a guitarra, que frecuentemente está relacionado con sons máis afíns aos animais e ás máquinas en vez de aos tons estándar do instrumento.
Amplamente recoñecido como un "instrumentista incriblemente versátil", Belew ten editados preto de 20 discos en solitario a través de Island Records e Atlantic Records, que mesturan un pop rock inspirado nos Beatles cun son máis experimental. O seu sinxelo de 2005 "Beat Box Guitar" foi nomeado ao Grammy pola mellor interpretación de rock instrumental. Ademais de ser membro de King Crimson, tamén tocou na banda de pop máis convencional The Bears e liderou o seu propio proxecto, Gaga, a finais dos 70 e principios dos 80. Ten traballado extensamente como músico de sesión e de xira, tocando con artistas como Talking Heads, David Bowie, Frank Zappa e Nine Inch Nails.
Belew recentemente comezou a deseñar instrumentos, colaborando con Parker Guitars para realizar o seu modelo persoal da Parker Fly. Esta guitarra é notablemente distinta á versión estándar, contendo electrónica avanzada e capacidade MIDI.